Que ver
Hai moitos motivos para visitar O Vicedo, pero nunha primeira impresión o que máis destaca é a forza da natureza, que impregna cada un dos recunchos do concello, dende o forte e salvaxe Mar Cantábrico e a Ría, ata as próximas montañas e o Río Sor.
Tamén a importancia da pegada do ser humano en forma de patrimonio histórico con igrexas, capelas, pontes, etc. que nos mostran un pasado non tan lonxano.