Aquí podes consultar e descargar diferentes rutas na páxina de Turismovicedo en Wikiloc
Morgallón - Río Sor - Morgallón (PR-G 8)
Ruta de Sendeirismo circular homologada pola Federación Galega de Montañismo e que percorre a parte baixa do Río Sor.
Ruta Costa de O Vicedo (PR-G 156)
Ruta de Sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo, que percorre boa parte da Costa do Vicedo, de leste a oeste, comezando na praia de Area Grande e rematando no Porto do Vicedo (aínda que está marcada e sinalizada para poder realizarse de oeste a leste).
Ruta circular polo Vicedo
Ruta de sendeirismo circular que intenta combinar o mar e a montaña pasando inicialmente pola praia de Arealonga para despois subir a montaña que rodea a costa do Vicedo e regresar cara ao punto inicial pasando polo entorno da igrexa do Vicedo e rematando no porto
Ruta de unha hora pola Costa do Vicedo
Ruta plantexada como ruta paseo de unha hora onde se parte do porto do Vicedo, pasando polas praias de Vidreiro e Caolín e regresando pola contorna próxima á Igrexa do Vicedo para regresar ao porto de novo.
Parte do Río Sor en 2 rutas Homologadas
Unha ruta espectacular na que todo o tempo se vai polo sendeiro de pescadores, pegado ao Río Sor, e que percorre toda a ruta PR-G 202 (Ponte do Porto – Refuxio de Ponte Ulló) e unha boa parte da ruta PR-G 8 (desde o refuxio de Ponte Ulló ata Morgallón).
Ruta Circular entre praia de Abrela, Fuciño do Porco, Cruz de San Román, Suegos e regreso á Abrela
Unha ruta fermosa que percorre a praia de Bandeira Azul da Abrela para desprazarse inicialmente ao punto máis visitado do concello, o Fuciño do Porco, e continuar pola liña da costa ata a espectacular Cruz de San Román para iniciar o camiño de volta polo Camiño natural do Cantábrico e pasar pola zona de Suegos, cos hórreos de tipo asturiano e rematar na praia de Abrela.