Que ver

Ría do Barqueiro-Vicedo

O Vicedo
Esta ría divide as provincias da Coruña e Lugo. Considérase que se estende desde a Punta de Estaca de Bares ata a Punta do Embarcadoiro.

Ten 5 km de lonxitude e está formada pola desembocadura do río Sor. O Sor, chamado Saure, Saur e Saurum nos séculos VIII, IX e XII, Sol no XIII e por último Sor no século XVIII, nace na Serra da Faladoira e na súa desembocadura forma un extenso esteiro, espazo natural de singulares características e gran interese ecolóxico, onde abundan os xuncos mariños. (Declarada provisionalmente zona natural protexida o 5 de xuño de 1997).

Ría do Vicedo
Ría do Vicedo

Nas marismas son frecuentes as especies de aves migratorias e entre a fauna piscícola do estuario atópanse as troitas e salmóns, que procedentes do Ártico remontan as augas do Sor para desovar nas zonas altas, aproveitando que non hai embalses. Tamén hai anguía aínda que en menor cantidade.

Nos sedimentos areosos abundan as especies de bivalvos como o berberecho, a ameixa ou as cadeluchas (produto típico deste municipio).