Aberto todo o ano.
Restaurante inaugurado no ano 2002 na entrada da praia de Area Grande (parroquia de San Román) sita a uns 2.5 km do Vicedo e a 8 km de Viveiro.
Conta cunha privilexiada vista da praia e a súa especialidade son as grelladas, tanto de peixe coma de carne. Nas grelladas de peixe pódese atopar (segundo dispoñibilidade e tempada) robaliza, ollomol, sargo, pescada, bonito, emperador, salmonete, palometa vermella, bacallau, etc. Nas grelladas de carne pódese degustar churrasco de tenreira e de porco, coello, polo, chourizos…
Outras especialidades do Restaurante Area Grande son os mariscos (percebes, nécoras, ameixas, lagostinos, gambas ao allo) e as carnes como a costeleta de boi, entrecot de boi, coello, polo, xamón ibérico…
En canto ás sobremesas, están deliciosos a crema catalá, arroz con leite e todo tipo de tortas.
Para beber pódese elixir entre unha gran variedade de viños brancos (Ribeiro, Godello, Albariño) e tintos (Valdepeñas, Rioja, Mencía…)
Teléfono
626 129 535
Web
www.facebook.com/restaurante.2014?fref=ts
Localización
Rúa A Brosa, 3. Praia de Area Grande. O Vicedo