Que ver

Ponte do Porto

Riobarba

Ponte antiga sobre o río Sor de orixe incerto aínda que, polos materiais utilizados similares aos da Muralla de Lugo, e a forma románica dos tres arcos, podería tratarse dunha ponte medieval pertencente ao camiño real entre Viveiro e Ortigueira.

Realizado en cantería e con arcos de medio punto, no seu centro (a dez metros sobre o nivel da auga) aínda se pode ver o milenario que sinalaba o límite entre as vellas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Ponte do Porto, O Vicedo