Aberto en tempada de primavera-verán.
O restaurante está sito na praia de Xilloi. Conta cun pequeno comedor pero o máis destacable é a súa zona de mesas ao aire libre ás que dan sombra varias especies de árbores. Da súa última renovación en 2013 e a súa nova xerencia destaca a apertura da terraza que hai na parte superior do bar e desde a cal se pode ver parte da praia.
Abre todas as fins de semana dende a fin de semana antes de Semana Santa e a partir de mediados de xuño todos os días ata finais de setembro.
As súas especialidades son as luras fritas, o polbo á galega, as croquetas de chipirón, e por suposto, tanto o churrasco de porco como de tenreira feitos en grella de leña. Entre a súa variedade de racións teñen ademais diversos mariscos á prancha ou tortillas, entre outras. Entre a súas sobremesas caseiras destacan principalmente a torta de queixo feita ao forno e a torta da avoa (galleta, chocolate e flan).
Teléfono
982 59 04 36
Web
www.facebook.com/parrillada.losarboles
Localización
Praia de Xilloi. O Vicedo