Ofrece unha impresionante vista panorámica da Ría do Vicedo, as pontes que permiten pasar o Río Sor, a desembocadura do Río Sor, a Illa de San Martín, así como o veciño Concello de Mañón.
Se miramos cara ao leste, poderemos ver a entrada á Ría de Viveiro e incluso as terras do Concello de Xove.
Para chegar ao miradoiro desde o núcleo do Vicedo hai que tomar a estrada provincial en dirección a Riobarba, ascender uns 4 km ata alcanzar o parque eólico e tomar a pista que pasa por debaixo de dito parque, o miradoiro atópase no último muíño que hai en dirección ao mar.