Onde comer

Mesón O Remo

Mesón no centro do pobo que ofrece comida tradicional de todo tipo, especializado en carne de vaca cachena (vaca autóctona galega). Ademais das carnes de primeira calidade, tamén ofrece peixes e mariscos, así como comida de culler. Opción de menú do día

Ademais do bar (excelentemente decorado), conta cun comedor e, en época de primavera e verán, unha ampla terraza.

Teléfono

600 07 73 30

Localización

Rúa Cidade de Mondoñedo. O Vicedo