Actividades guiadas de:
sendeirismo, kayaks, xeorutas, etc.
Mércores de xullo e agosto.
Os mércores de natureza son actividades de turismo activo, de pequeno formato, realizadas nos mércores do verán, que tratan de mostrar os recunchos do municipio combinado con exercicio físico máis ou menos forte, normalmente a un ritmo máis turístico que deportivo.
Os mércores de natureza poden ser unha ruta de sendeirismo, unha ruta de kayaks, unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks, ruta ornitolóxica, ruta xeolóxica, etc. Ademais, hai que destacar que sempre se garda algún dos mércores do verán para mostrar rutas ou recunchos doutros concellos da Mariña ou mesmo do Ortegal, tan cercano xeográficamente e humanamente ao noso municipio.
As actividades dos mércores de natureza nacen en torno ao 2010 e siguen funcionando con cada vez máis éxito pero sempre con esa filosofía: non demasiados participantes a ser posible, mostrar recunchos da zona e ofrecer actividades de ocio activo dentro dunhas vacacións na zona.