É unha das tres igrexas que edificou Fernán Pérez de Andrade nesta comarca.
Da obra oxival do século XV, queda a nave cos seus muros timbrados polos brasóns da casa Andrade, que figuran igualmente sostidos por dous paxes sobre o tímpano da portada principal. O xabaril de tamaño natural, reitérase nun ángulo do aleiro do pórtico.
Foi mandada construír polo prelado mindoniense Francisco en 1392. O resto da obra é do século XVIII.