Que facer

Festas e romarías

Festas do Carme

Celébranse o terceiro domingo do mes de xuño.

Normalmente o sábado pola mañá báixase á Virxe do Carme en procesión dende a Igrexa do Vicedo ata o local da Confradía de Pescadores.

Xa o domingo pola mañá é a tradicional procesión marítima, con todas as embarcacións seguindo á embarcación que porta á Virxe, a beizón de todas as embarcacións e a ofrenda por todos os falecidos no mar.

Festas do Carme
Festas patronais de Santo Estevo

Celébranse a primeira fin de semana de agosto.

Festa de San Esteban, O Vicedo

Consisten en tres días de festa, o último deles na praia de Xilloi, onde se fai un día de festa campestre gozando da praia e a súa fantástica contorna.

Festa do turismo rural

Celébranse o terceiro domingo do mes de xullo.

Programa de actividades inclúe misa campestre na honra de San Vicente de Francos, degustación de produtos típicos, carreiras de cabalos, baile…

Celébrase no parque eólico de Muronovo e instálase unha gran carpa para acoller a todos os participantes.

Festa do turismo rural
Romaxe Viquinga

Celébrase en 2 días a finais do mes de xullo.

Festa temática histórica que trata de recrear a vida dos viquingos no asentamento de Moutillós (San Román). Normalmente celébrase en 2 días a finais do mes de xullo.

O primeiro día, o venres, ten lugar o pregón e un desfile dos cabaleiros e guerreiros tanto cristiáns como viquingos polas rúas do Vicedo.

O segundo día, o sábado, é o auténtico día grande da Romaxe e celébrase na praia de Area Grande, en San Román. onde se instala un campamento viquingo e outro cristián e hai postos de artesanía, comida, etc. Durante todo o día ten lugar o desembarco do barco viquingo, o espectáculo da loita entre os cristiáns e viquingos, e xa, no campamento, durante toda a tarde, obradoiros, xogos, espectáculos de cabalos, espectáculos nocturnos de lume, voda viquinga, enterramento viquingo, etc.

Romaxe Viquinga
Outras festas de interese:

A Nosa Señora de Suegos
Suegos – Vicedo.
15 de agosto.

Santa María
Cabanas – Vicedo.
31 de agosto.

San Miguel. Negradas
Vicedo.
29 de setembro.

San Antonio.
Negradas – Vicedo.
Xuño.

San Pablo.
Riobarba – Negradas.
Xaneiro.