Que ver

Estaca de Bares

Mañón

Está sita na banda esquerda da Ría do Barqueiro-Vicedo e é o punto de separación entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico. Ten unha extensión de 325 ha e unha lonxitude de costa de 10 km. Está formado por unha masa granítica limitada por altos acantilados.

A Estaca, declarada zona natural de interese, é un punto privilexiado para observar as migracións das aves. En marzo o desprazamento é cara ao norte e en setembro cara ao sur. Durante o outono pasan por aquí máis de 100.000 individuos pertencentes a diferentes especies. Xunto ás anátidas e outras migratorias acuáticas pódense ver mascatos e aves mariñas.

Estaca de Bares