Onde comer

Chiringuito da Abrela

Situado nunha das praias máis fermosas da Mariña Lucense, o Chiringuito Abrela nace da man dunha persoa moi vinculada ao mar e os seus marabillosos produtos. Nos comezos eran pouco máis que mexilóns, chicharros e sardiñas os manxares que se ofrecían para desfrute de veciños e visitantes. Co paso do tempo, foron ampliando a carta e tamén as instalacións. Na actualidade o Chiringuito Abrela conta, ademáis do espazo interior, cunha carpa de madeira con capacidade para 120 persoas e unha terraza con vistas da peculiar contorna da praia de Abrela

Teléfono

680 51 08 25

Web

www.facebook.com/Chiringuito-Abrela-1019421358072023

Localización

Praia de Abrela. O Vicedo