A modo de curiosidade histórica, dicir que a tradición relaciona as imaxes da Virxe desta capela e das de Porto de Santa María de Riobarba e Devesos, con tres irmás que, chamadas á vida relixiosa, dedicáronse unha á protección de peregrinos, outra a amparar á xente do país e a terceira ao coidado dos rabaños.
![Capela Trala Veiga Capela Trala Veiga](https://turismo.concellodovicedo.org/wp-content/uploads/2021/12/Trala-Veiga-1.jpg)