Onde comer
Cabe destacar a gran calidade e variedade existente na nosa costa, tanto de peixes como de mariscos.
Entre os mariscos que aquí se capturan están as nécoras, as centolas, os lumbrigantes, os percebes, as langostas, as ameixas, etc. Tamén son moi apreciadas as luras, os chocos ou o polbo, que aquí se capturan, e entre os peixes destaca a robaliza, o linguado, o peixe sapo … e os máis populares como a sardiña, xurelos (chicharro).
Así mesmo, pódense topar excelentes carnes de porco, cordeiro, cabrito e tenreira. Mención especial merece o churrasco, prato moi valorado na zona, composto por costela (de tenreira ou porco) adobada e asada á brasa.
Por suposto, tampouco podemos esquecernos do cocido galego, prato típico composto por diferentes carnes cocidas acompañadas con verduras, garavanzos e patacas.