O Vicedo dispón dunha área con aparcadoiro de bicicletas con cuberta, que conta cun punto de auga para o seu lavado, e tamén unha área de descanso para os propios ciclistas.
Está situada nun lugar central nunha zona de grande interese para rutas ciclistas, xa que está na zona de Riobarba, na Escola Unitaria, e con acceso fácil e rápido tanto ós lugares de Riobarba e Cabanas como ao entorno do Río Sor.