Que ver

Igrexa de San Miguel de Negradas

Negradas

Igrexa de estilo románico do século XII e XIII cuxo altar principal consta de tres corpos. O central presenta uns autorrelevos do patrón San Miguel; a ambos lados pódense ver medallóns ovalados, óleo sobre táboa con San Pedro (calvo, con barba branca e coas chaves) e outro de San Pablo co libro e a espada.

As pinturas son obra de Juan de Castinande (1853), están moi ben conservadas nunha igrexa con planta de cruz latina que conserva un antigo claustro ou retablo nun dos brazos procedente do mosteiro de “Freiras” de San Paio, desaparecido no século XV. Nesta igrexa atópanse as imaxes de San Pedro, San Rosendo, a Virxe do Rosario, San Antonio, San Roque, San Pedro, San Xosé, o  Corazón de Xesús e dúas imaxes do patrón San Miguel.